O tribunal da Gürtel envia ao cárcere a Bárcenas e outros dous condenados e adía a decisión sobre os demais. Está a contalo eldiario.es
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5b0c12a979960-20170116114641_barcenas-juicio-1024x576_foto610x342.jpg)
O tribunal da Gürtel envia ao cárcere a Bárcenas e outros dous condenados e adía a decisión sobre os demais. Está a contalo eldiario.es
En marcha o trámite da moción de censura a Rajoy formulada polo PSOE. O seu debate depende, en última instancia, da decisión da presidenta da Congreso, Ana Pastor, que a fixou para este xoves e venres.
A Garda Civil volve deter o dono da pirotecnia de Tui que estoupou o mércores tras atoparlle durante a fin de semana máis depósitos de explosivos.
O candidato uribista Iván Duque (39%) e o esquerdista Gustavo Petro (25%) pasan á segunda volta das eleccións á Presidencia de Colombia, que terá lugar o vindeiro 17 de xuño. Sergio Fajardo (23,8 %) quedou fóra por moi escasa marxe.
Fracasa a formación do goberno italiano negociado ente o M5S e a Liga Norte despois de que o Presidente da República, Sergio Mattarella, vetase a persoa proposta pola formación de ultradereita como ministro de Economía, Paolo Savona, contrario ao euro. A Liga Norte racha o acordo e pide novas eleccións, nas que as sondaxes lle auguran unha forte suba.
Pablo Iglesias e Irene Montero obteñen un 68% de respaldo na súa consulta ás bases de Podemos sobre a adquisición da súa vivenda. A participación, de 188.176 persoas, o 38,5% do censo de inscritos en Podemos, é unha cifra de récord no censo total de Podemos. Sobre o censo activo, a porcentaxe é do 70%.
A Garda Civil aborda o cantante Evaristo Páramos, ex-vocalista de La Polla Records nacido en Tui e vasco de adopción, por uns comentarios “insultantes” supostamente pronunciados entre as súas cancións nun concerto en Jerez coa súa actual formación, Gatillazo. Cargos de BNG, Podemos ou Esquerda Unida xa amosaron o seu rexeitamento e o seu apoio á liberdade de expresión.
Irlanda despenaliza o aborto tras un referendum cunha participación superior ao 64% no que máis do 66% votou a favor.
O PSOE acepta convocar eleccións “nuns meses” unha vez que Ciudadanos apoie a moción de censura pero os de Rivera piden que a retiren para facer unha conxunta que convoque comicios inmediatos.
Alternativas na Xustiza-CUT denuncia o “abuso de autoridade” dun acompañante de Feijóo que derrubou este venres a unha delegada sindical na Coruña que protestaba no marco da folga do persoal de Xustiza.