Centos de miles de persoas participaron este domingo nas manifestacións contra Dilma Rousseff impulsadas polo conservador Movimiento Brasil Livre (MBL). A presidenta atopase en niveis mínimos de popularidade, perdendo tamén apoios pola esquerda.

Centos de miles de persoas participaron este domingo nas manifestacións contra Dilma Rousseff impulsadas polo conservador Movimiento Brasil Livre (MBL). A presidenta atopase en niveis mínimos de popularidade, perdendo tamén apoios pola esquerda.
O director de campaña do PP, Carlos Floriano, comezará este luns en Compostela a súa rolda para "mobilizar" os cargos do PP. O número tres do partido participará no comité electoral do PPdeG. O obxectivo é procurar "recuperar antigos votantes", segundo informa a axencia Europa Press
O TSXG ratifica que o Concello de Santiago debe destituír o secretario e o interventor municipais, colocados polo PP tras destituír as persoas que viñan exercendo eses postos. Segundo as escoitas do caso Pokémon os responsables municipais dirixidos por Conde Roa decidiron os relevos porque "torpedeaban" as súas operacións
#EncontroMareas Varias 'mareas' municipais galegas celebran este domingo un encontro en Pontevedra para "dotar de coordinación ás distintas iniciativas". Asemade, a Marea Atlántica continúa hoxe cos seus encontros para a elaboración do programa electoral e Ourense en Común, coas súas primarias.
Folgado triunfo do Obradoiro ante o Murcia cun histórico 104-52. Na LEB Ouro o Breogán logrou este sábado unha valiosa vitoria por 74-58 ante o Palencia que o mantén igualado a vitorias co líder, o Burgos
Continúa a busca da Virxe do Cristal tras o seu robo en Vilanova dos Infantes. Relátao El País
O CD Lugo logra un valioso empate 0-0 ante o Real Zaragoza
Compostela Aberta publica os perfís das persoas candidatas ás súas primarias abertas. O prazo de inscrición para participar na votación está aberto ata o día 18.
A Marea Atlántica celebra este sábado ao longo de toda a xornada os seus "encontros abertos" para a elaboración do programa electoral para as municipais
O BNG reivindícase como a única forza capaz de "presentar en toda Galiza unha alternativa nacionalista de esquerda ao PP" nas municipais. Afirmouno o seu portavoz nacional, Xavier Vence, no marco do Consello Nacional da formación, que este sábado abordou a estratexia electoral para o 24-M, entre outros asuntos.