As traballadoras e traballadores de Extel concentráronse este mediodía na Coruña. O persoal está en folga este venres, un paro que se repetirá o vindeiro martes, en protesta contra o ERE que pode deixar na rúa a 205 persoas. Durante a xornada de hoxe está en marcha unha campaña de chamadas masivas ao 1004 (entre as 10 e as 11 da mañá e de 5 a 6 da tarde) solicitando atención en galego.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5800d8bb3285c-cuucsg1weaacnp7.jpg)