Esculca denuncia a identificación policial dun mozo difrazado de titiriteiro no Entroido de Ourense que portaba un cartaz semellante ao dos monicreques da representación de Madrid.
Fálase
Breogán Riobóo di sentirse "lexitimado" para seguir exercendo a secretaría xeral de Podemos Galicia malia á disolución da dirección e a apertura do proceso para elixir unha nova. Máis información, hoxe en Praza.
Un informe da OCDE sinala que a pobreza triplica a posibilidade de que un alumno en España saque peores notas. O estudo baséase nos datos de 2012 de PISA e amosa as desigualdades existentes no sistema educativo español
Triunfos de Sanders e Trump nas primarias de New Hampshire, celebradas este martes. No campo republicano, revés para Marco Rubio, que finalizou quinto, fronte ao segundo lugar que lle auguraban as sondaxes previas.
Fernández Díaz di que ETA desexa un goberno do PSOE con Podemos. O ministro do Interior cre que se goberna a formación morada haberá excarcelacións de terroristas. "Hai unha axenda oculta", dixo nunha entrevista na Cadena COPE.
Pedro Sánchez formula que a investidura sexa na primeira semana de marzo. O presidente do Congreso, Patxi López, comprométese a intentar presentar a vindeira semana unha data para o debate.
Yolanda Díaz descarta deixar En Marea malia a petición de Garzón para axudar a IU. A deputada remítese á aposta de EU polas confluencias, tamén para as autonómicas.
O Porto da Coruña repartiu 11,9 millóns dos seus contratos sen sacalos a concurso en 2015. Só nun caso recorreu ao procedemento negociado con publicidade.
Máis de 200 cargos públicos en Galicia, pendentes de se hai un novo Goberno. Oitenta deles pertencen ao organigrama da Delegación do Executivo na comunidade.
As dez persoas que este martes dimitiron dos seus cargos no Consello Cidadán Galego de Podemos, levando á disolución da dirección da formación en Galicia, explican as razóns da súa renuncia. Destacan que este proceso debe facilitar a conformación dunha "organización forte" que traballe para unha "alternativa de cambio" e critican a "inactividade" na que se atopaba o partido e a negativa de Breogán Rioboo a "escoitar propostas"