A economía galega medrou no primeiro trimestre un 0,7% intertrimestral e un 2,8 interanual. O indicador entre trimestre é case o mesmo que o estatal, do 0,8%, pero a taxa interanual segue por baixo da española, que desta volta se sitúa no 3,4%
Fálase
Alternativa dos Veciños non se presentará finalmente ás autonómicas. O alcalde de Oleiros non obtivo os apoios necesarios na asemblea celebrada este mércores.
Rajoy explota o conflito educativo como arma electoral e únese ás protestas a favor da escola concertada na Comunitat Valenciana.
A Xunta rexeita a proposta do Concello da Coruña de abrir colexios fóra do horario lectivo. Advirte da "complexidade" dun convenio no que influirían "moitos factores".
Un deputado do PSdeG denuncia que usurparon a súa sinatura para as primarias. Di que anularon o seu aval a Leiceaga porque xa había outro en favor de Méndez Romeu.
Unha investigación relaciona o paro e os recortes pola crise con máis mortes por cancro. Un estudo sinala que a crise global está asociada con máis de 260.000 falecementos adicionais por cancor nos países da OCDE.
Ausbanc financiou o acoso político de Manos Limpias contra Guillermo Zapata. Tamén colaborou para querelarse contra o número dous de Podemos pola súa bolsa universitaria.
Xoaquín Fernández Leiceaga e José Luis Méndez Romeu debaten ás 19:30 na Cadena SER na recta final cara ás primarias do PSdeG. Pódese escoitar ao vivo nesta ligazón
VÍDEO A Mesa presenta en Galicia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Unha información de Nós TV
Feijóo inicia este xoves a súa segunda viaxe a Cuba como presidente. A fin de semana celébrase na illa o plenario do Consello de Comunidades Galegas. A primeira estancia do presidente da Xunta en Cuba foi en 2013, sete anos despois de que fose Touriño, e daquela reuniuse con Raúl Castro.