O primeiro ministros italiano, Mario Monti, declarou un patrimonio de 11,5 millóns de euros nunha comunicación oficial na que se detallaron os bens de todos os membors do Goberno. Monti ten un piso en Milán e outro en Bruxelas, e máis de millón e medio de euros na conta corrente. Información do Corriere della Sera
Fálase
O PP négase a apoiar no Congreso unha proposición non de lei do BNG para dotar de carga de traballo aos estaleiros de Vigo e da Ría de Ferrol. En xuño de 2011 o PP votou a favor destas cuestións nunha moción do BNG aprobada en Pleno. En cambio, agora que está no Goberno a súa posición é distinta.
A CIG publica un estudo de análise sobre as consecuencias da reforma laboral no relativo a despedimento, contratación, flexibilidade interna e negociación colectiva. Máis información na web da CIG.
O ruso non será lingua oficial en Letonia, despois de que esa posibilidade fose masivamente rexeitada nun referendum que acadou un 71% de participación. Deste xeito, o letón, lingua propia do país, seguirá a ser a única lingua oficial, xa que o ruso perdeu ese status cando Letonia proclamou a súa independencia da extinta Unión Soviética. Máis información, no Portal Galego da Língua.
A Gran Vía de Madrid, cortada polos manifestantes
E a concentración de Vigo chegando á Praza da Farola (imaxe via @HMCarballeira)
Imaxe da concentración na Praza do Toural de Compostela (via @orlophe)
Imaxe da concentración na Praza de Pontevedra da Coruña en solidariedade cos estudantes valencianos (via @DRYCoruña)
Este é o argumentario distribuído polo Partido Popular valenciano entre os seus cargos para xustificar a actuación policial e deslexitimar as protestas estudantís
Concentracións galegas en repulsa pola violencia policial en Valencia: 19 horas - Ferrol, Praza de Armas. 20 horas - A Coruña, Praza de Pontevedra. Compostela, Praza do Toural. Vigo, Farola de Príncipe. Lugo, Praza Maior.