O xuíz Ruz ve delito na destrución dos discos duros polo PP e envía o caso ao xulgado ordinario.
Fálase
José Moisés Martín Carretero, de Economistas Frente a la Crisis, analiza o caso de Panrico, ou "como o capital risco acabou cunha empresa que funciona", despois de coñecerse que a compañía suspendeu o pagamento das nóminas aos seus catro mil traballadores.
Esperanza Aguirre pide “catalanizar” España e avoga por unha reforma constitucional para resolver o encaixe de Catalunya: "iso acabaría cos 17 estadillos do café para todos". Aguirre tamén manifestou que entende "perfectamente" o "malestar dos cataláns cando outras comunidades copian as súas institucións e queren o mismo que Catalunya. Así non se recoñece a especificidade".
Cuac FM celebra este sábado unha asemblea aberta para deseñar a programación da nova tempada de emisións, que comezarán o 30 de setembro. Todas as persoas ou colectivos interesados en realizar un programa na radio comunitaria poderán facer as súas propostas no Centro Universitario de Riazor (C.U.R.) a partir das 10.30 horas.
Fondos voitre súmanse a Oetker no seu interese por Pescanova, segundo publica Economia Digital. Entre outros, destacan os nomes de fondos como Fidelity ou Centerbrigde
#consellodaxunta Feijóo asegura que cando sinalou que a campaña de incendios estaba a ser "excepcional" se estaba a referir ao "traballo das brigadas".
A Universidad de Zaragoza suspende un acto con Wert para evitar protestas. A cerimonia oficial de apertura do curso universitario ía celebrarse o vindeiro luns.
#consellodaxunta Feijóo informa da declaración de interese turístico da Festa das Pepitas de Ferrol, o Entroido dos Xenerais do Ulla e a Festa da Castaña de Folgoso do Courel
#consellodaxunta Feijóo asegura que a administración paralela ten agora "o mesmo tamaño que en 2003"
As Xornadas de Arte de Acción Chámalle X celebran estes días o seu décimo aniversario, destaca culturagalega.org. Pontevedra, Ourense e Vigo acollen as actuacións do evento