O candidato de Ciudadanos pola Coruña volve admitir que carece de propostas porque agora "non toca". Nunha entrevista con La Opinión Antonio Rodríguez rexeita tirar "un programa de la chistera" e indica que nas xerais "votamos para una política nacional, no para problemas concretos". As propostas, reitera, chegarán despois das eleccións. Trátase do mesmo candidato que rexeita responder preguntas da prensa e que considera "mentiras da vella política" as críticas por non ter propostas.
