O Comité de Detencións Arbitrarias das Nacións Unidas ditamina que Julian Assange está retido polo Reino Unido de forma ilegal. O fundador de Wikileaks anunciara onte que se entregaría este venres ás autoridades británicas se a ONU decretaba que a detención se axustaba a dereito
Fálase
Democracia Ourensana formalizará este xoves a petición dun pleno extraordinario no Concello de Ourense para debater a reprobación do alcalde, Jesús Vázquez. O PSdeG-PSOE non anunciou aínda se apoiará a reprobación, mentres que Ourense en Común rexeitará a moción, que interpreta como unha "manobra partidista" do grupo de Pérez Jácome.
O PP branqueou a caixa B de Génova igual que a de Valencia. Destacados cargos levaban o diñeiro negro ás sucursais máis achegadas á sede central para realizar doazóns ao partido. Os fondos eran previamente distribuídos polos responsables de finanzas populares.
O PSOE citouse en segredo co PP para que se absteña, segundo El Mundo. Os populares dixeron 'non' á oferta dos socialistas.
O 35% dos titulados galegos está sobrecualificado para o seu posto laboral. Un terzo dos graduados ten unha preparación moi superior á que se pide para o seu posto.
A crise e a despoboación eleva en 12.000 as vivendas baleiras en Galicia en dous anos. A Xunta cifra en 311.000 os pisos desocupados, o maior dato nunca rexistrado no país.
Barreiro deixará de ser presidente do PP en Lugo. Deixa o cargo logo de que Negreira e Louzán abandonasen a semana pasada a dirección do partido na Coruña e Pontevedra. Elena Candia podía ser a nova líder da formación na provincia.
Junts pel Sí e a CUP dan un paso máis cara á desconexión e crean as tres ponencias para as leis que poñen os primeiros pasos do Estado catalán.
A Inspección laboral pon 15,6 millóns en multas a empresas galegas. O plan da Xunta e Traballo detectou máis de 4.000 infraccións laborais.
O Concello da Coruña confirma que abriu un expediente de sanción a unha empresa de Florentino Pérez "ao detectar deficiencias na súa xestión". A firma Clece xa fora sancionada polo Concello de Santiago e facturara por servizos que non prestara en Pontevedra.