O PSOE citouse en segredo co PP para que se absteña, segundo El Mundo. Os populares dixeron 'non' á oferta dos socialistas.
Fálase
O 35% dos titulados galegos está sobrecualificado para o seu posto laboral. Un terzo dos graduados ten unha preparación moi superior á que se pide para o seu posto.
A crise e a despoboación eleva en 12.000 as vivendas baleiras en Galicia en dous anos. A Xunta cifra en 311.000 os pisos desocupados, o maior dato nunca rexistrado no país.
Barreiro deixará de ser presidente do PP en Lugo. Deixa o cargo logo de que Negreira e Louzán abandonasen a semana pasada a dirección do partido na Coruña e Pontevedra. Elena Candia podía ser a nova líder da formación na provincia.
Junts pel Sí e a CUP dan un paso máis cara á desconexión e crean as tres ponencias para as leis que poñen os primeiros pasos do Estado catalán.
A Inspección laboral pon 15,6 millóns en multas a empresas galegas. O plan da Xunta e Traballo detectou máis de 4.000 infraccións laborais.
O Concello da Coruña confirma que abriu un expediente de sanción a unha empresa de Florentino Pérez "ao detectar deficiencias na súa xestión". A firma Clece xa fora sancionada polo Concello de Santiago e facturara por servizos que non prestara en Pontevedra.
O Parlamento europeo aproba -cos votos de PP, PSOE e Ciudadanos- o informe de posición sobre o TISA redactado polo grupo popular. Os grupos de esquerda na cámara denuncian que o informe mantén a aposta pola "liberalización de determinados servizos" e a opacidade nas negociacións.
A xuíza reactiva a operación Cóndor coa detención dun xefe de Monbús, segundo adianta El País. De Lara lanzou esta operación en marzo do pasado ano, cando detivo o propietario da empresa, Raúl López, e realizou numerosos rexistros.
Bárcenas volve declarar no xulgado, nesta ocasión sobre o borrado dos seus discos duros na sede do PP