Aparecen os cadáveres de dous mariñeiros nunha praia de Laxe. Recólleo La Voz
Fálase
Un avión procedente de Barcelona estrélase nos Alpes con 142 pasaxeiros. O Goberno francés confirma que non hai superviventes.
Arrancan as manifestacións pola #folga24M na Universidade e conra o decreto 3+2 en varias localidades galegas. Máis información, hoxe en Praza. Foto de @ligapontevedra
Os traballadores e traballadoras de Povisa que mantiñan unha folga de fame dende o pasado 10 de marzo decidiron este luns abandonar a protesta, xa que comezaban a padecer "problemas serios" de saúde. En calquera caso, aseguran, o persoal do hospital continuará coas mobilizacións e este martes teñen convocada unha nova concentración.
Esquerda Unida, Anova e un grupo de inscritos en Podemos presentaron este luns Ferrol en Común, a candidatura coa que concorrerán ás eleccións municipais, e que decidirá os seus candidatos e candidatas antes do 9 de abril.
Esquerda Unida presentará unha moción no próximo pleno municipal coruñés, o 1 de abril, para esixir a convocatoria dunha sesión extraordinaria para debater os presuntos enchufes destapados pola operación Pokemon. A moción obrigará ao PP a posicionarse sobre este asunto.
Profesorado e alumnado das universidades galegas protestará este martes nas rúas contra a reforma dos graos impulsada polo Goberno central. As protestas comezarán ás 11.30 en Santiago de Compostela (Alameda), A Coruña (Praza de Pontevedra), Ferrol (Praza de España), Lugo (Edificios dos sindicatos), Ourense (Xefatura territorial de Educación), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (Praza América).
Dimiten cinco dirixentes de UPyD tras o mal resultado nas eleccións andaluzas, deixando a Rosa Díez nunha difícil posición. As dimisionarias son a deputada Irene Lozano e o deputado Álvaro Anchuelo ou o portavoz na Asemblea de Madrid, Luis de Velasco
Incendiaria intervención de Tomás Gómez contra Pedro Sánchez na Executiva Federal do PSOE. Acusouno de estar "dirixido" por El País e reclamou a restitución do Comité Regional de Madrid
Silvia Pérez, Rosa María Verdugo e a profesora da Universidade de Vigo publican El putero español, unha análise a nivel nacional sobre "as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución". Conclúen que os clientes, o 30% dos homes españois, non buscan pracer sexual, senón reafirmar unha identidade masculina en transformación. Ademais, clasificanos en catro categorías: misóxino, amigo, mercantilista e crítico