A Xunta entregou esta mañá no Parlamento a documentación solicitada polos grupos para a comisión de investigación das caixas. Son uns 30.000 folios repartidos en 20 caixas non confidenciais e 14 confidenciais, segundo sinala a Consellería de Facenda nun comunicado.
