Vence e Lobeira, citados a declarar ante a Audiencia Nacional en plena campaña, segundo conta Sermos Galiza. Declararán como testemuñas ante o xuíz Eloy Velasco o vindeiro 14 de decembro no curso dunha investigación anti-terrorista.
Fálase
Costa presenta un goberno de 17 ministros en Portugal, só catro delas mulleres. Francisca Van Dunem será a primeira muller negra en encabezar un ministerio.
O 33% das ordes de protección pedidas en Galicia por violencia machista son denegadas. O CGPJ matiza que a negativa da vixilancia integran non supón a desprotección da vítima. Galicia rexistra 14 denuncias diarias por agresións a mulleres, como en 2005.
Un cento de concellos superan o prazo legal de pagamento a proveedores. Municipios e deputacións teñen facturas sen pagar por case 200 millóns, segundo conta La Voz de Galicia.
O manifesto contra os bombardeos en Siria acada 5.000 sinaturas en 24 horas. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, foi un dos impulsores do texto xunto a Ada Colau e outros rexedores do Estado.
Aduanas rexistra o Concello da Pobra do Caramiñal no marco da Operación Pokémon. Segundo adianta Faro de Vigo, Pilar de Lara reclama contratos dende o ano 2006. O concello pobrense estivo gobernado polo PP ata o pasado xuño.
Rajoy négase a asistir ao debate con Sánchez, Iglesias e Rivera que emitirá o grupo Atresmedia o 7 de decembro. No seu lugar acudirá Soraya Sáenz de Santamaría.
Portugal terá Goberno de esquerda. Cavaco accedeu finalmente a designar a António Costa como primeiro ministro, xa que o mantemento do Executivo da dereita en minoría, admite, "não corresponderia ao interesse nacional"
O alcalde de Becerreá volve votar co PP na Deputación de Lugo, desta volta nunha moción encamiñada a retirarlle competencias á Xunta de Goberno e trasladalas ao pleno. Nesta sesión plenaria Manuel Martínez deixará de pertencer formalmente ao grupo do PSdeG, partido do que está provisionalmente expulsado. Máis información, hoxe en Praza.