O 33% das ordes de protección pedidas en Galicia por violencia machista son denegadas. O CGPJ matiza que a negativa da vixilancia integran non supón a desprotección da vítima. Galicia rexistra 14 denuncias diarias por agresións a mulleres, como en 2005.
Fálase
Un cento de concellos superan o prazo legal de pagamento a proveedores. Municipios e deputacións teñen facturas sen pagar por case 200 millóns, segundo conta La Voz de Galicia.
O manifesto contra os bombardeos en Siria acada 5.000 sinaturas en 24 horas. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, foi un dos impulsores do texto xunto a Ada Colau e outros rexedores do Estado.
Aduanas rexistra o Concello da Pobra do Caramiñal no marco da Operación Pokémon. Segundo adianta Faro de Vigo, Pilar de Lara reclama contratos dende o ano 2006. O concello pobrense estivo gobernado polo PP ata o pasado xuño.
Rajoy négase a asistir ao debate con Sánchez, Iglesias e Rivera que emitirá o grupo Atresmedia o 7 de decembro. No seu lugar acudirá Soraya Sáenz de Santamaría.
Portugal terá Goberno de esquerda. Cavaco accedeu finalmente a designar a António Costa como primeiro ministro, xa que o mantemento do Executivo da dereita en minoría, admite, "não corresponderia ao interesse nacional"
O alcalde de Becerreá volve votar co PP na Deputación de Lugo, desta volta nunha moción encamiñada a retirarlle competencias á Xunta de Goberno e trasladalas ao pleno. Nesta sesión plenaria Manuel Martínez deixará de pertencer formalmente ao grupo do PSdeG, partido do que está provisionalmente expulsado. Máis información, hoxe en Praza.
A Coruña acolle este sábado unha xuntanza de alcaldes das "cidades rebeldes". Xulio Ferreiro, Martiño Noriega, Ada Colau ou Joan Ribó participarán nun encontro das Cidades polo Ben Común nas que reivindican que "o cambio non hai quen o pare".
O Constitucional rexeita o recurso que pedía derrubar a Cruz do Castro en Vigo. O Tribunal arquiva as accións iniciadas pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 "sen máis trámite".