A Coruña acolle este sábado unha xuntanza de alcaldes das "cidades rebeldes". Xulio Ferreiro, Martiño Noriega, Ada Colau ou Joan Ribó participarán nun encontro das Cidades polo Ben Común nas que reivindican que "o cambio non hai quen o pare".
Fálase
O Constitucional rexeita o recurso que pedía derrubar a Cruz do Castro en Vigo. O Tribunal arquiva as accións iniciadas pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 "sen máis trámite".
O PP cualifica de "buenismo retrógrado" o manifesto contra a guerra promovido por alcaldes e alcaldesas como Xulio Ferreiro e Ada Colau xunto a representantes de colectivos sociais.
O BOE publica este martes as candidaturas proclamadas para as eleccións xerais. Como informou Praza, en Galicia concorrerán trece formacións aos comicios do 20 de decembro.
A dixitalización do Arquivo Histórico Nacional e a cesión á Xunta dunha copia permitirá en breve a consulta a través do Arquivo dixital de Galicia da documentación relacionada coas causas xudiciais da Guerra Civil, conta Faro de Vigo, facilitando o traballo de investigación, que segue atopando moitos obstáculos
As empresas de Economía Social representan xa o 10% do PIB en España e xeran o 12,5% do emprego, segundo un informe elaborado pola Confederación Empresarial Española de la Economía Social, e presentado este luns. Entre as galegas destacan Coren ou Feiraco.
Así se ve Galicia desde a Estación Espacial Internacional. GCiencia repara nas fotos que os austronautas tomaron e que a NASA vén de publicar, onde se inclúe un amplo retrato da paisaxe galega.
Os papeis roubados aos Bárcenas implican o ministro do Interior nunha negociación co ex tesoureiro. A súa muller advirte de "sms cruzados" con Fernández Díaz e unha "chamada" ao Ministerio.
Aprazado o xuízo polo caso Jimmy tras o recurso presentado por unha das defensas. Tres menores ían sentar hoxe no banco, dous acusados de homicidio e outro de rifa tumultuaria.
A Consellería de Cultura ultima o acceso público aos arquivos da Garda Civil. A Xunta está á espera dunha copia dixitalizada da causa do franquismo e dos fondos da Igrexa custodiados no Arquivo Histórico de Madrid.