Rouco Varela favoreceu a seita dos Miguelianos para a súa implantación en Madrid. O Arcebispado recomendou os servizos de Miguel Rosendo para que conseguise un contrato nunha residencia de anciáns.
Fálase
Numerosas persoas acoden ao Tribunal Superior de Catalunya para "autoinculpárense" tras a querela da Fiscalía contra Artur Mas, a súa vicepresidenta e unha conselleira pola consulta do 9-N. Está a contalo Vilaweb
Xa se pode ler na rede o número 0 da Revista MaOs!, centrada na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.
O Banco de España eleva a súa previsión e cre que o PIB español crecerá un 1,4% en 2014. Tamén agarda un incremento do 2% en 2015.
A poxa eléctrica decide hoxe o futuro dos 400 traballadores de Alcoa na Coruña. A multinacional asegura que, de non conseguir os bloques necesarios, pechará a planta e aplicará o ERE. Fotografía de @AluminiosCoruna.
Trinta alcaldes de pequenos concellos galegos cobran máis do límite fixado polo Ministerio de Facenda. Os rexedores de concellos de menos de 5.000 habitantes non poderán superar os 40.000 euros anuais.
Jealsa-Rianxeira vende a súa polémica planta de O Aaiún, no Sáhara, na que procesaba sardiña para Mercadona. A empresa consideraba a fábrica unha filial marroquí e explotaba os recursos saharauís, a pesar de tratarse dunha ocupación non recoñecida pola ONU.
As universidades galegas aprobaron iniciar a supresión de 24 titulacións de máster e 3 de grao. Con respecto aos títulos que nos últimos tres cursos non reuniron o número mínimo de estudantes fixado polo decreto da Xunta, as tres universidades deberán presentar un plan de viabilidade en marzo de 2015.
O coordinador federal de IU, Cayo Lara, completou este luns unha intensa visita de traballo a Galicia, onde se reuniu en Vilagarcía cos traballadores e traballadoras de Lantero, e en Ferrol cos de Cleanet e Megasa para coñecer os conflitos laborais que están a sufrir.
Na tarde deste luns finou o británico Joe Cocker, aos 70 anos de idade, dun cancro de pulmón.