#debate2013 Jorquera lembra as fotos de Feijóo con Marcial Dorado. "Para dignificar a política o primeiro que ten que facer é explicar a súa relación cun narcotraficante", di.
Fálase
#debate2013 Jorquera comeza recitando a Rosalía para evocar "o drama da emigración". "Hoxe, teríamos que dicir: "Galiza, sen mozas e mozos quedas"
#debate2013 Ás 16:00 reanúdase a sesión do debate de política xeral coa intervención do voceiro do BNG, Francisco Jorquera. A continuación será a quenda de Xosé Manuel Beiras (AGE) e José Luis Méndez Romeu (PSdeG). Pódese seguir ao vivo na web do Parlamento.
O 15 de outubre celébrase en todo o mundo o Día de Ada Lovelace, a primeira muller programadora da Historia, unha xornada dedicada a facer visible o traballo das mulleres na ciencia, as matemáticas e a tecnoloxía
Renfe esixiralles ás empresas concesionarias dos servizos de restauración dos seus trens que os camareiros dominen o catalán, o galego, o euskera, o castelán e o inglés. Así o asegura o Goberno nunha resposta a unha pregunta de CiU no Congreso.
#debate2013 Conclúe o discurso de Feijóo cunha apelación a "trasladar ao Parlamento" o "espírito" da veciñanza que axudou na traxedia ferroviaria de Santiago. Toda a información e as primeiras reaccións, este mediodía en Praza.
Greenpeace felicita "os movementos sociais galegos" polo seu "éxito rotundo" ao conseguir a paralización da mina de Corcoesto e "desarmar os argumentos falaces sobre a seguridade e rendibilidade" do proxecto.
#debate2013 Feijóo dille á oposición que "escolla aquilo no que se sinta máis cómodo" para chegar a pactos co Goberno.
#debate2013 Feijóo reclámalle acordos á oposición: "dean mostras de como dialogan", di.
#debate2013 Feijóo reclama "exemplaridade da clase política". Rexeita o "rancor" e "lamenta que haxa quen se sinta máis preto dos que practican a violencia que de presidentes ou gobernos democráticos".