#folgaxeral En Santiago, os piquetes informativos acoden aos campus universitarios. Sinalan que no Campus Norte o paro é case total e no Campus Vida (antigo Campus Sur) están a pechar facultades significativas, como a de Dereito.
Fálase
#folgaxeral Comeza o pleno no Congreso dos Deputados sen os deputados do BNG, ERC e Izquierda Plural. Entre outros asuntos, debátese a Lei de Estabilidade Orzamentaria. No Parlamento galego hoxe celébranse dúas comisións, ás que só acudirán deputados do PP.
#folgaxeral O cámara da CIG detido en Vigo, xa en liberdade
#folgaxeral Os sindicatos critican a "desproporcionada presenza" policial nas rúas do Estado. "Semella o desembarco de Normandía", denunciou José Javier Cubillo, secretario de Organización e Comunicación de UGT na Cadena Ser.
#folgaxeral En Catalunya tamén a Generalitar informa a través do departamento de Interior. O conseller Felip Puig di que a folga é "un campo de adestramento" para "violentos" de cara á mobilización mundial do 15 de maio.
#folgaxeral O Ministerio de Interior fala de 58 persoas detidas e nove feridos leves tras as primeiras horas de paro. A Directora Xeral de Política Interior, Cristina Díaz, confirmouno esta mañá tras asegurar que a xornada está a percorrer con "normalidade".
#folgaxeral A CIG fala de "paro total" en Citroën e nas industrias auxiliares da industria automobilística viguesa
#folgaxeral Os sindicatos sinalan que apenas uns "200 ou 300" traballadores acudiron aos seus postos na sede central da Xunta, en San Caetano. Nun día ordinario son máis de 2.000.
#folgaxeral Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo (ao redor de 22 mil megavatios), segundo datos de Red Eléctrica de España
E tamén as das cabeceiras de dereitas, como Gaceta: "España quiere trabajar, los sindicatos la paran", ABC: "Luís de Guindos: La reforma laboral es vital para la recuperación" e sobre todo La Razón: "Trabaja por España"