A produción editorial galega creceu o pasado ano, segundo os datos do ISBN, pasando de 2.083 títulos a 2.274, en contraste cun descenso no conxunto de España. Creceu, sobre todo, o número de libros publicados en Galicia en formato dixital, dende as 208 obras ás 483
Fálase
Só 4 familias galegas solicitan que se lles pague ensino en castelán en centros privados con fondos públicos, posibilidade que ofrece a Lei Wert. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía evita que Cacharro sente no banco dos acusados ao retirar a acusación contra o ex presidente da Deputación de Lugo na Operación Muralla. Recólleo La Voz
O Castelo de San Felipe, en Ferrol, acolle esta tarde a homenaxe que todos os anos se lle rende a Amada García e ás outras sete persoas fusiladas alí polo fascismo o 27 de xaneiro de 1938.
O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, critica o escaso financiamento que recibe esta institución a pesar de non endebedarse. Lembra que nos últimos cinco anos as tres universidades galegas perderon 55 millóns de euros de financiamento da Xunta.
SinPermiso publica unha entrevista realizada pola televisión pública austríaca ao economista Yanis Varoufakis, probable negociador coa Troika do goberno de Syriza. Varoufakis sinala que "deberíamos limitarnos a propoñer esta simple cuestión: como podemos volver facer sostible a economía social griega de xeito que se minimicen para o alemán medio, para o europeo medio os custes da crise grega?".
Jordi Pujol e a súa dona declaran ante a xuíza pola fortuna oculta en Andorra. O ex president foi recibido entre insultos de varios cidadáns que o agardaban ás portas.
Bárcenas asegura ter gravacións que comprometen a Mariano Rajoy e Javier Arenas, segundo El Mundo
A Defensora del Pueblo e varios valedores autonómicos, entre eles o Valedor do Pobo, denuncian o colapso das urxencias hospitalarias e esixen máis medios para a sanidade pública. Reclámano nun informe que debulla El Diario
Esta mañá comparece Feijóo no Parlamento sobre "medidas de impulso democrático", no que se prevé que sexa un pleno monográfico sobre corrupción. A continuación intervirá a conselleira de Sanidade sobre o colapso das urxencias e os tratamentos de Hepatite C. A información, hoxe en Praza.