A Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega celebrará este martes unha xuntanza na que debaterá a posibilidade de realizar unha marcha o sábado 14 de abril "en contra da manipulación e a represión na CRTVG".
Fálase
Poucas horas antes da rolda de prensa na que explicará a súa presunta fraude fiscal, o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, viaxou ata Padrón para participar nos actos das festas da Pascua. Fíxoo acompañado do resto do equipo de goberno nun autobús de época.
Medio Rural permite de novo realizar queimas, segundo informa a través dun comunicado
#onosoderbi Máis de setenta xornalistas galegos participan na publicación dun libro solidario de relatos sobre o derbi galego entre Deportivo e Celta. A obra presentarase o vindeiro xoves en El Corte Inglés de Vigo (13 horas) e da Coruña (19.30). A recadación polas vendas de cada exemplar, que costará dez euros, irá destinada á Fundación Andrea.
La Información analiza os erros de comunicación de Rajoy: "pensar só no BOE e no Financial Times"
O voceiro do PP no Senado, presidente dos populares en Lugo e antigo rival de Feijóo polo liderado en Galicia, José Manuel Barreiro, asegura que "hai moitos instrumentos" antes de recorrer ás fusións municipais. Engade que a Xunta "non ten ningunha iniciativa nin tan sequera para impulsar as fusións", senón que só as "favorece".
Feijóo recibe ao presidente da RAG en San Caetano. A Xunta di que, durante o encontro, Feijóo lle ofreceu a Xosé Luís Méndez Ferrín "a máxima colaboración do Goberno autonómico na celebración do 17 de maio e na posta en valor da lingua e da cultura galegas"
Queremos Galego chama a ateigar as rúas de Compostela o vindeiro 17 de maio nunha nova manifestación “en favor da lingua que nos une”. Carlos Callón, portavoz da plataforma, dixo que “nestes tres anos non se produciu nin un só adianto para o galego” e pola contra “o que hai é un goberno da Xunta máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os problemas da xente”.
Toxo e Méndez remiten outra carta a Rajoy pedíndolle que abra unha negociación "sincera e responsable" para modificar a reforma laboral e os Orzamentos. Os secretarios xerais de CCOO e UGT, recórdanlle ao presidente do Goberno que "estamos inmersos nun profundo conflito social".
O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, coida que "se Feijóo non esixe a dimisión de Conde Roa" haberá que concluír "que é compracente con delitos tan graves como a fraude fiscal".