O Parlamento aproba a instancias do BNG pedir a Google que corrixa a toponimia galega castelanizada na súa aplicación de mapas. A iniciativa defendida pola deputada Olalla Rodil recibiu apoio unánime.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5944dd56a6a32-2017061614472532296.jpg)
O Parlamento aproba a instancias do BNG pedir a Google que corrixa a toponimia galega castelanizada na súa aplicación de mapas. A iniciativa defendida pola deputada Olalla Rodil recibiu apoio unánime.
A Comisión Interuniversitaria de Galicia publica as notas dos exames de selectividade. Pódense consultar nesta ligazón
Boa parte do centro e do sur de Galicia estarán en alerta este sábado polas altas temperaturas, que se achegarán aos 40 graos no interior de Lugo e Ourense. A calor será xeralizada en todo o país agás na Mariña, onde non se prevé que o termómetro supere os 25 graos, segundo Meteogalicia.
Morre o ex-chanceler alemán Helmut Kohl aos 87 anos de idade. Estivo no poder en Alemaña de 1982 a 1998 e é considerado un dos principais artífices da reunificación alemá (Imaxe difundida pola CDU).
ÚLTIMA HORA | Condenado o alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra (PP) a sete anos de inhabilitación por prevaricación na contratación de 29 persoas no Concello para a extinción de incendios e axuda a domicilio. Tamén estaba acusado de falsidade, delito do que foi absolto. O caso fora levado á Fiscalía polo PSdeG e o grupo independente Aivic, coaligados neste municipio.
O Banco de España cifra en 60.613 millóns de euros os cartos non recuperados do rescate bancario. Uns 8.000 millóns corresponden a Novagalicia Banco, entidade resultante da fusión de Caixanova e Caixa Galicia. O informe completo do regulador pódese consultar nesta ligazón.
VÍDEO | O PP marcha do pleno de Santiago por pedir o alcalde unha quenda adicional do BNG para aclarar un punto da moción que viña de presentar. A irada protesta dos conservadores foi retrucada por Martiño Noriega e mais polo voceiro do PSdeG, Francisco Reyes, a cuxo xuízo esa intervención adicional si encaixaba no regulamento municipal. O acontecido, a partir do minuto 1:20:00 da gravación da sesión.
A xuíza no ve delito na ocupación da antiga Comandancia de Obras da Coruña e conclúe que é "tolerada" polo Goberno de España e mais polo Concello. Cóntao La Opinión
O voceiro municipal de Lugonovo deixa a corporación municipal lucense. "A esquerda non asumiu a responsabilidade que debera", di Santiago Fernández Rocha nunha entrevista con El Progreso.
4 dos 5 concelleiros do BNG en Monforte abandonan a formación por discrepancias co Consello Local sobre a participación nunha protesta contra a reforma do Hotel Comercio e o seu uso como sede do Consorcio de Turismo e albergue de peregrinos