O ex presidente balear Jaume Matas non ingresará en prisión, a pesar de que onte foi condenado a seis anos. O fiscal non vai solicitar o seu ingreso na cadea
Fálase
Olaia Fernández Davila asegura que “España non presentou nengún documento alternativo ao tax lease, e os representantes españois se limitaron a negociar até este momento”. A deputada nacionalista vén de formular esta cuestión ao Goberno de Rajoy
O expresidente do Congreso, Gregorio Peces-Barba, propón unha reforma la lei electoral "para frear aos nacionalistas". Considera que debería haber 400 deputados para dar máis poder "aos partidos nacionais". Información completa e foto de La Vanguardia
O sindicato CGIL, maioritario en Italia, convoca unha folga de oito horas contra a reforma laboral do Goberno de Monti
O Ministerio de Economía e Competitividade publica a gráfica de evolución do financiamento a actividades produtivas. Praza adiantou este martes a mesma información
PRNoticias sitúa a Anxo Quintanilla como principal candidato para dirixir RTVE.
Este xoves hai folga xeral en Portugal. O secretario xeral da CGTP, Arménio Carlos, chama á cidadanía lusa a mobilizarse e asegura que a perda dun día de salario "é um investimento no futuro para manter direitos adquiridos"
O ex deputado Pablo Cobián négase a declarar ante a xuíza instrutora do caso 'Campeón'. Asegurou ante os xornalistas que non o fará "ata que non se restablezan os meus dereitos".
Este mércores comeza unha nova rolda de declaracións nos xulgados de Lugo polo caso 'Campeón'. O primeiro en declarar ante a xuíza Estela San José será o ex deputado Pablo Cobián.
Unha entrevista co ex presidente valenciano, Francisco Camps, na revista Telva está a causar unha forte controversia. Tras o coñecido como 'xuízo dos traxes', Camps asegura estar "máis preparado ca nunca" para ser "presidente da Generalitat Valenciana ou do Goberno" central.