Medio cento de incidencias durante a madrugada en Galicia por neve, xeo e caída de árbores. O Corgo, Pedrafita, A Fonsagrada, Meira, Becerreá, Baralla ou Lalín rexistraron os maiores problemas.

Medio cento de incidencias durante a madrugada en Galicia por neve, xeo e caída de árbores. O Corgo, Pedrafita, A Fonsagrada, Meira, Becerreá, Baralla ou Lalín rexistraron os maiores problemas.
A primeira edición de Galician Freaky Film Festival rematou este sábado, despois de tres xornadas nas que se puideron ver 40 curtametraxes galegas. As gañadoras, elixidas mediante o método do aplausómetro, foron Coplillas por Bombay de Jaume Miranda como a mellor curta de humor, 9 Pasos de Marisa Crespo e Moisés Romera como a mellor curta de arrepío e O neno do hórreo de Diego López Curros como a curta máis friki.
Brasil celebra este domingo as súas eleccións presidenciais. O ultradereitista Jair Bolsonaro chega a esta segunda volta cunha ampla vantaxe sobre o petista Haddad, segundo as sondaxes, aínda que o candidato esquerdista recurtou un pouco a diferenza nos últimos días. Noam Chomsky, Naomi Klein, Ada Colau e outras ducia de activistas e intelectuais asinan un artigo no que advirten de que Bolsonaro "é unha ameaza para o mundo", non só para a democracia brasileira.
O Breogán derrota ao Obradoiro (69-56) no derbi galego da ACB, o primeiro na máxima categoría en 17 anos. Os dous equipos suman dúas vitorias e catro derrotas
O Celta derrota con autoridade ao Eibar (4-0), con tres goles de Iago Aspas, que se sitúa como pichichi da Liga, con 8 tantos. Os celestes levaban seis partidos sen gañar.
O Estadio de Riazor berrou "Alcoa non se pecha" durante o partido que o Dépor xogou contra o Reus e que rematou con vitoria branquiazul (2-0). A pasada fin de semana unha masiva manifestación amosou o apoio da cidade ao persoal da planta. Vídeo dos traballadores de Alcoa.
O ultradereitista Jair Bolsonaro chega ás votacións deste domingo, que decidirán a Presidencia do Brasil, con entre 10 e 18 puntos de vantaxe sobre o esquerdista Fernando Haddad.
España, á cabeza da UE en insatisfacción coa conciliación laboral. Os españois están tamén entre os que menos concilian e os que menos reparten entre home e muller as baixas para o coidado dos fillos
Carolina Bescansa anuncia que abandonará o escano no Congreso e volverá á Universidade logo de perder nas primarias pola secretaría xeral de Podemos Galicia.
A presidencia da UE propón adiar a fin do cambio de hora ata 2021. A maioría dos Estados europeos non decidiron aínda con que horario quedarían de suprimirse a mudanza.