Brasil celebra este domingo as súas eleccións presidenciais. O ultradereitista Jair Bolsonaro chega a esta segunda volta cunha ampla vantaxe sobre o petista Haddad, segundo as sondaxes, aínda que o candidato esquerdista recurtou un pouco a diferenza nos últimos días. Noam Chomsky, Naomi Klein, Ada Colau e outras ducia de activistas e intelectuais asinan un artigo no que advirten de que Bolsonaro "é unha ameaza para o mundo", non só para a democracia brasileira.
