O Celta derrota con autoridade ao Eibar (4-0), con tres goles de Iago Aspas, que se sitúa como pichichi da Liga, con 8 tantos. Os celestes levaban seis partidos sen gañar.

O Celta derrota con autoridade ao Eibar (4-0), con tres goles de Iago Aspas, que se sitúa como pichichi da Liga, con 8 tantos. Os celestes levaban seis partidos sen gañar.
O Estadio de Riazor berrou "Alcoa non se pecha" durante o partido que o Dépor xogou contra o Reus e que rematou con vitoria branquiazul (2-0). A pasada fin de semana unha masiva manifestación amosou o apoio da cidade ao persoal da planta. Vídeo dos traballadores de Alcoa.
O ultradereitista Jair Bolsonaro chega ás votacións deste domingo, que decidirán a Presidencia do Brasil, con entre 10 e 18 puntos de vantaxe sobre o esquerdista Fernando Haddad.
España, á cabeza da UE en insatisfacción coa conciliación laboral. Os españois están tamén entre os que menos concilian e os que menos reparten entre home e muller as baixas para o coidado dos fillos
Carolina Bescansa anuncia que abandonará o escano no Congreso e volverá á Universidade logo de perder nas primarias pola secretaría xeral de Podemos Galicia.
A presidencia da UE propón adiar a fin do cambio de hora ata 2021. A maioría dos Estados europeos non decidiron aínda con que horario quedarían de suprimirse a mudanza.
Artistas reivindican o MAC na apertura da derradeira exposición do museo, que pechará as súas portas en decembro. "Perdemos algo noso, ao que non estamos dispostos a renunciar", destaca o presidente da Asociación Profesional de Artistas de Galicia A Colectiva
O Goberno central autoriza unha nova suba do 1,9% nas peaxes da AP-9, en compensación a Audasa polas obras realizadas (por exemplo na Ponte de Rande) e polas bonificacións aplicadas entre Vigo e Pontevedra. O prezo subiu xa un 1,9% a comezos de ano pola actualización do IPC
VÍDEO | Un camioneiro ataca a marteladas a un ciclista ás portas de ENCE en Pontevedra. O deportista, que foi hospitalizado, circulaba nas proximidades da pasteira con outro compañeiro cando, tras seren rebasados polo vehículo, lle recriminaron a súa actitude ao transportista. O condutor do camión agrediu un deles co martelo e estragou as bicicletas, tal e como amosa o vídeo remitido a Praza.gal por unha testemuña dos feitos. Consulta aquí o vídeo e a información dos feitos.
Antía Cal e María Xosé Queizán, gañadoras do premio Otero Pedrayo segundo o ditame do xurado reunido no Pazo de Mariñán. A pedagoga e a escritora son distinguidas por cadansúas traxectorias profesionais con este galardón, impulsado pola Xunta e as catro deputacións, desta volta coa da Coruña como organizadora.