Un imitador engana a Rajoy facéndose pasar por Puigdemont, president da Generalitat. O xefe do Executivo recoñece ter a axenda "desocupada" e móstrase disposto a reunirse co líder catalán.
Fálase
A Real Academia Galega de Ciencias entregou este mércores os seus Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2015 a varios científicos da UDC e da Uvigo, que salientaron que "sen investigación o futuro da sociedade está hipotecado". O Premio de Investigación 2015 foille concedido ao equipo formado por Blanca Laffon, Gözde Kiliç, Eduardo Pásaro e Vanessa Valdiglesias. E o de Novos Investigadores foi recollido por Miguel Alexandre Ramos
Crece o número de unidades de poboación deshabitadas en Galicia, especialmente en Ourense, onde pasaron de ser 252 en 2010 a 321 en 2014.
Galicia perde poboación por sexto ano consecutivo e retrocede a niveis de 2000. En 2014 rexistrou 16.348 habitantes menos que en 2013. A metade do descenso debeuse á saída de poboación estranxeira cara a outros territorios
A investigación de Acuamed diríxese a un colaborador de Sáenz de Santamaría, actual subsecretario de Presidencia e ata xuño presidente do Consello de Administración da empresa.
No PP barállase a posibilidade de que Rajoy deixe que Pedro Sánchez intente ser investido en primeiro lugar, destaca El Periódico, á vista de que o candidato do PP non conta cos apoios suficientes.
A CIG acusa o Sergas de poñer atrancos a unha embarazada para examinarse. A central pide que se permita realizar o examen a unha aspirante co parto previsto para o día da convocatoria.
O BNG pon en marcha o sitio web na XV Asemblea Nacional, no que centralizará a información do proceso. O plenario celebrarase o 28 de febreiro.
A Mesa bota abaixo os grupos de ERC-Bildu-IU e de Compromís cos votos de Ciudadanos e do PP. A formación laranxa recoñece que a lei o permite pero "o espírito" dela non.
Unha viguesa grava e difunde as dificultades que padece a diario para entrar en cadeira de rodas no hospital Álvaro Cunqueiro. O vídeo, compartido máis de mil veces en Facebook, foi visto xa máis de 35 mil veces.