El País fala cos seis secretarios xerais locais de Podemos nas cidades galegas (á espera da resolución do proceso en Ferrol), que veñen de ser elixidos e elixidas: Isabel Faraldo, José Manuel Prieto, Víctor Ferreiro, Víctor Casas, Javier Folgueira e Marcos Fontán
Fálase
A Garda Civil detén a voceira de Sortu e tres avogados que ían participar como defensores nun xuízo que comeza hoxe. Son, segundo manifesta o voceiro abertzale Pernando Barrena en Radio Euskadi, os letrados que "tomabaron a doutrina Parot". Está a contalo El Diario
O Sergas prevé ensaiar tratamentos para a depresión a través de internet. Cóntao Faro de Vigo
Infolibre informa da desaparición dun Picasso mercado pola antiga Caixa Galicia en 2002. Ese cadro reapareceu en 2006 nunha casa casa de poxas e o seu vendedor declarou que o mercara en 2004.
Infolibre informa da desaparición dun Picasso mercado pola antiga Caixa Galicia en 2002. Ese cadro reapareceu en 2006 nunha casa casa de poxas e o seu vendedor declarou que o mercara en 2004.
A dirección do PSdeG insta as agrupacións do partido a "non perder o norte" con liortas internas. Recólleo El País
Isaac Díaz Pardo foi homenaxeado este domingo no cemiterio compostelán de Boisaca co gallo do terceiro aniversario do seu facelemento (imaxe de Henrique Alvarellos).
#CharlieHebdo UE e Estados Unidos acordan impoñer novos controis ao desprazamento de persoas entre países e ás comunicacións por internet. Neste contexto, o Goberno de España aposta por recuperar os controis fronteirizos en territorio comunitario.
#CharlieHebdo Xefes de Estado e de goberno avanzan nunha comitiva previa á gran manifestación que se desenvolve esta tarde en París
Milleiros de persoas expresan xa nas rúas de París o seu rexeitamento ao "fanatismo" e a solidariedade coas vítimas do Charlie Hebdo. Le Monde cóntao en directo.