Este martes a temperatura máxima en Galicia acadouse en Arnoia, con 43,7 graos. Tamén se superaron os 43 na cidade de Ourense e Leiro e os 42 en Vilamartin de Valdeorras
O val do Miño en Ourense, a comarca de Valdeorras e o Baixo Miño pontevedrés están este mércores en aviso de nivel vermello pola calor, con temperaturas que poden superar os 42 graos nestas zonas. Así mesmo, outras zonas do país, coma o litoral pontevedrés, o interior da Coruña, o interior de Pontevedra e o sur de Lugo e Ourense estarán en situación de aviso laranxa, con temperaturas por riba dos 37 graos e mesmo por riba de 39. O resto de Galicia, agás a Mariña lucense, estará en nivel amarelo.
Meteogalicia advirte na sú predición de que este mércores "novamente será un día de forte calor", no que xa partimos de temperaturas xa moi altas a primeiras hora da mañá, despois dunha noite tropical (por riba dos 20 graos) en gran parte de Galicia. Haberá algunhas nubes altas e brétemas costeiras no litoral norte e noroeste, pero os ceos estarán maioritariamente despexados.
Ás 11 da mañá deste mércores xa se rexistraban 35,8 graos en Carnota
Pola súa banda, a Xunta activou a alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense e a alerta laranxa no noroeste e o sur da provincia de Ourense, no interior e no suroeste da Coruña, así como no interior, na zona do Miño e nas Rías Baixas, na provincia de Pontevedra.
A máximas volverá roldar os 43 graos en Ourense e superará os 40 en Monforte, Verín e O Barco. Lugo chegará aos 39 graos e Compostela, Pontevedra e Vilagarcía aos 38
Este martes a temperatura máxima en Galicia acadouse en Arnoia, con 43,7 graos. Tamén se superaron os 43 na cidade de Ourense e Leiro e os 42 en Vilamartin de Valdeorras.
Na mañá deste mércores, ás 11 horas xa se rexistraban 35,8 graos en Carnota e superábanse os 33 nas Neves, Poio, Lousame e Vigo.
A excepción é a Mariña lucense, onde por exemplo Ribadeo non pasará dos 24 ou 25 graos estes días
As temperaturas máximas previstas nas principais cidades e vilas volverán roldar os 43 graos en Ourense e superarán os 40 en Monforte, Verín e O Barco. Lugo chegará aos 39 graos e Compostela, Pontevedra e Vilagarcía aos 38, mentres que en Vigo se acadarán os 37 e en Ferrol os 35. Tan só a Coruña (28) ficará por debaixo dos trinta que, con todo, si superaría o xoves, unha xornada no que as temperaturas se manterán en máximos.
A excepción é a Mariña lucense, onde por exemplo Ribadeo non pasará dos 24 ou 25 graos estes días.