Reclaman protagonismo na campaña para as 700.000 persoas en situación de pobreza
As 128 entidades que conforman EAPN-Galicia pídenlles aos partidos compromisos concretos para combater as carencias materiais e a exclusión que sofren un de cada catro galegos e galegas. Pídese reducir á metade o número de pobres na comunidade nos vindeiros catro anos