Os nacementos seguen caendo en Galicia malia á posta en marcha do plan demográfico
O pasado 2014 naceron no país pouco máis de 19.600 nenas e nenos, un 15% menos que no ano 2008, cando rematou a leve alza da natalidade experimentada durante os anos da bonanza económica. O crecemento vexetativo galego é o peor do Estado e un dos máis negativos de Europa.