Movementos sociais
O TSXG estima o recurso de Carnota contra Benestar polo peche do seu Centro de Día
As instalacións foron clausuradas en 2013 e os seus usuarios e usuarias trasladadas a Muros. O concello carnotán denunciou que o xerente do espazo non tiña competencias para anular un convenio en vigor.
TTIP: Nin se vota, nin se debate
O Parlamento europeo, que xa onte pola tarde adiou a votación do informe sobre o tratado, suspende tamén o seu debate, previsto para este mércores. Os eurodeputados socialdemócratas votan moi divididos, optando os representantes do PSOE pola abstención.
A cruz franquista do Castro chega ao Tribunal Constitucional
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 vén de presentar un recurso á anulación por parte do TSXG do ditame que obrigaba ao Concello de Vigo a retirar o monumento falanxista e grazas ás achegas da cidadanía e de varios colectivos da cidade.
"A participación é o factor central de innovación política neste momento"
A participación é un dos conceptos máis enunciados por moitas das candidaturas que concorreron ás eleccións do 24M, que propoñen distintos mecanismos para facilitar procesos deliberativos cun papel destacado para a cidadanía. Falamos con Xaime Subiela, consultor público e analista
Novos sindicalismos sociais… na Universidade
Ángel Rodríguez Gallardo
Un barrio de Lugo enfróntase a Abanca para defender a súa gardaría
Afundación, herdeira da obra social das caixas, anunciou o peche da escola infantil do barrio lucense do Sagrado Corazón despois de iniciar o período de inscrición para o vindeiro curso. Familias e colectivos veciñais advirten de que se mobilizarán se a entidade non reconsidera a decisión.
A reforma do PP da xustiza universal obriga ao arquivo do caso José Couso
Pedraz pecha a causa polo asasinato do cámara galego forzado pola reforma da lei de xurisdición universal e despois de que o Supremo acabase coas pescudas polos delitos da China no Tíbet. Todo, malia que "hai suficientes indicios racionais de que os procesados serían os autores dos delitos".
Un novo megaproxecto industrial onde fracasou a mina de Corcoesto
Termo-Biológicas prevé o cultivo de batata para xerar biocombustible en varias localidades da Costa da Morte, para o que precisaría 200.000 metros cadrados de terreo e 20.000 millóns de litros de auga ao ano. A empresa asinou xa convenios con varios concellos aos que exixe confidencialidade.
Fajardo: "Se isto llo fixeran a un parlamentario do PP, estarían falando de terrorismo"
O deputado de AGE e os seus familiares volveron ser ataques de odio político, un acoso que se iniciou durante a campaña electoral, e que non se detén. O arousán denuncia a deixadez da policía e tema que as agresións poidan ir a máis.
O guerrilleiro descansa en Sandiás 65 anos despois
Os restos de Perfecto de Dios repousan xa xunto á súa nai logo de que o seu irmán, coa axuda da ARMH, os rescatase da fosa na que estaban soterrados en Ávila tras ser abatido pola Garda Civil en 1950. As achegas dun sindicato noruegués fixeron posible a exhumación.
15 prazas menos en Conxo nun escenario de "agravamento" da saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental acusa a Consellaría de Sanidade de "mentir" nos argumentos empregados para xustificar o recorte e sinala que "a quen nos goberna élle indiferente que a situación dos máis febles da sociedade siga a empeorar"