Barcos de papel contra o proxecto da rotonda de Coia
Máis dun milleiro de persoas -3000 segundo os organizadores, 450 segundo a Policía Local- manifestáronse onte á note en Vigo contra o proxecto do Concello para instalar o Bernardo Alfageme. Con centos de barcos de papel, demandouse axuda "para as familias que o pasan mal" na cidade.