Afectados pola Hepatite C en Galicia reclaman o tratamento que pode salvar as súas vidas
Realizaron actos informativos ás portas dos hospitais de Vigo e Compostela para demandar do SERGAS a aplicación de Sofosbuvir, eficaz no 90% dos casos, aprobado pola Axencia Médica Europea e incluído na lista de tratamentos financiados pola sanidade pública, pero que se lles está denegando.