O SERGAS manterá en 2015 a súa cativa oferta de emprego: 103 prazas para todas as categorías
Esta oferta de emprego para o vindeiro ano está pendente da convocatoria formal, que pode adiarse (como o fixo neste 2014) ata 12 meses. Esta semana publicouse a convocatoria de 2014: 165 prazas para cubrir as 1.649 vacantes xeradas por xubilacións.