A veciñanza de Coia segue parando as máquinas da obra da rotonda
Un forte despregue da Policía Local intentou forzar o inicio da obras, a pesar de que o convenio provincial da construción o impide ata o 7 de xaneiro. Un concerto serviu para darlles azos aos e ás manifestantes que unha noite máis fixeron garda no lugar.