"Os nenos tamén xogan con isto. Os xoguetes non teñen sexo"
Os anuncios e compras de Nadal reproducen estereotipos e os agasallos para os máis pequenos seguen a separarse entre femininos e masculinos. Isca desenvolve unha campaña contra esta "diferenciación irreal de xénero" e algunhas empresas fan xa catálogos que evitan os roles.