Movementos sociais
As fórmulas legais para abaratar o prezo do tratamento contra a hepatite C
Organizacións médicas alertan de que a escalada de prezos imposta polos fabricantes de novos tratamentos coma o Sovaldi pode poñer en risco os sistemas públicos de saúde. Falamos con Xosé María Torres Bouza, membro de Farmamundi, que describe mecanismos de abaratamento coma as licenzas obrigatorias
Os técnicos advirten que a autovía impediría que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio
Un informe dos expertos coordinados polo Valedor alerta de que o trazado da A-76 sería "incompatible coa declaración da zona como Patrimonio" e alerta das afectacións "graves e permanentes" da estrada prevista. O Alto Comisionado dá o seu "pleno apoio" ao documento.
"O parque natural debe mellorar a calidade de vida dos que viven alí e dos propietarios"
Ecoloxistas, propietarios e concellos coinciden nas súas críticas ao plan de xestión das Fragas do Eume proposto pola Xunta. Falamos con Mónica Arto (Verdegaia) e M. Ángeles Pita (Asoc. P.N. del Eume, Naturaleza y Desarrollo)
A precaria situación do galego chega este mércores á ONU
A Rede Europea pola Igualdade Lingüística presenta un informe sobre discriminacións lingüísticas no Estado que será analizado polas Nacións Unidas e no que se advirte do retroceso da lingua en diferentes ámbitos como a xustiza ou o ensino. Consulte o estudo no interior.
O Portal de Transparencia comeza a amosar as súas carencias
Dúas solicitudes de información realizadas por Dereitos Civís foron denegadas. Unha por un suposto risco -non explicado- á seguridade cidadá e outra porque o propio Portal remitiu a demanda a un órgano incorrecto. Falamos con Renato Núñez sobre as limitacións na lei.
A AGAL debate se participa ou non na manifestación de Queremos Galego
Os asociados deciden se a entidade reintegracionista participa como colectivo na mobilización do 8 de febreiro ao considerar necesario un "cambio de estratégia" ante unha convocatoria que "só atinge umha parte da problemática e centra-se demasiado na denúncia anti-governamental".
Ecoloxistas e propietarios acusan a Xunta de impoñer o seu plan de xestión para as Fragas do Eume
Tralo inicio da tramitación do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural, as entidades representadas na Xunta Consultiva do Parque esixen "un auténtico proceso participativo" no que se teñan en conta as súas propostas "para acadar un documento final útil e consensuado".
Ence, TTIP e plano de desenvolvemento rural centraron a 39 asemblea de ADEGA
A entidade, que neste 2015 celebrará o seu 40 aniversario, renovou este sábado a súa Xunta Directiva, que segue a ser presidida por Virxinia Rodríguez. Entregou os premios Osíxeno e aprobou tamén propostas de resolución sobre os comedores escolares ou a vespa velutina.
Sen peros non hai democracia
David Soto
As Marchas da Dignidade preparan en Cangas un ano de mobilización
Representantes de sindicatos e movementos sociais de todas as nacións do Estado participaron este sábado na asemblea de coordinación das Marchas, que confirmaron tres grandes citas: unha gran manifestación en Madrid o 21 de marzo, a celebración do 1º de maio e unha folga xeral o 22 de outubro.
De dominacións e fracasos
Gabriel Vezeiro-Sueiras