O 22M anuncia unha folga xeral e celebrará un encontro estatal en Galicia
As Marchas da Dignidade propoñen outra gran mobilización no mes de marzo e un paro xeral para o vindeiro outono. A asemblea de coordinación estatal celebrará a súa vindeira xuntanza en Galicia o 17 de xaneiro coa presenza de todas as organizacións.