Movementos sociais
Pedras do Ofimático para o Concello da Coruña
Veciños e membros de Stop Desafiuzamentos intentan entregarlle ao alcalde os restos da casa derrubada hai unha semana en Elviña e denuncian as "graves neglixencias" cometidas no desaloxo. O colectivo recadou xa preto de 4.000 euros para pagar as multas de varios activistas.
Ética para saír do capitalismo
Juan Carlos Fernández Naveiro
"Un persoal estresado e con malas condicións non pode ofrecer unha boa calidade asistencial"
ENTREVISTA Centos de persoas concentráronse, convocadas pola CIG, en contra da política de contratación do SERGAS. Entre elas moitos e moitas profesionais sen praza, que sofren a precariedade das listas de substitución. Falamos con Mayra Dorribo, representante de Sanitarios Galegos Públicos (SAGAP)
Só o 26% dos mestres e mestras galegas teñen menos de 40 anos
CC.OO. denuncia que a taxa de reposición provocou a desaparición de máis de 45 mil prazas docentes en toda España (ao redor de tres mil en Galicia) e que na vindeira década haberá que reemprazar, por idade, outros 200 mil traballadores (13 mil en Galicia)
Barrios Abertos: A integración, contada polos seus protagonistas
Esta semana preséntanse nos barrios composteláns de San Pedro e Fontiñas os traballos audiovisuais realizados por un grupo de rapaces e rapazas ao abeiro do proxecto. Persoas chegadas doutros países e residentes na cidade relatan a súa historia. Videos no interior.
A sanidade pública intensifica as mobilizacións contra a precariedade e os recortes
CIG-Saúde convoca concentracións este mércores pedindo a cobertura de todas as ausencias, a fin dos contratos por horas e o remate da taxa de reposición. A situación na área de Vigo e os plans privatizadores unidos ao novo hospital da cidade denunciaranse nunha manifestación o xoves 11.
Ferrol reivindica o feminismo de Hildegart no seu centenario
Conferencias, exposicións e unha vintena de relatorios porán de manifesto a actividade política, intelectual e social pioneira desta muller-prodixio, nacida en 1914 e asasinada en 1933, "lonxe do sensacionalismo e da superficialidade".
Francisco e as mulleres: predicar a outros ou dar trigo
Marilar Aleixandre
Exercícios bio-saudáveis
Alfredo Ferreiro
Medios para a lingua, a lingua como herdanza
Radiofusión e Irmandade TV impulsan Herdo Novo, unha campaña de microfinanciamento para os dous medios, co obxectivo de consolidar alternativas de radio e televisión en galego. Falamos con Henrique Sanfiz (Radiofusión)
Parga: Zona militar, prohibido o paso
A veciñanza e os comuneiros de montes de Santa Cruz de Parga (Guitiriz) opóñense firmemente ao peche con concertinas instalado polo Exército e piden coñecer o uso que se lles vai dar a estas instalacións militares