Movementos sociais
Vigo dille adeus a David Reboredo
Familiares e amigos despediron o vigués, finado esta fin de semana por mor dun tumor cerebral. Este mércores a Parroquia do Cristo da Vitoria, en Coia, acollerá un acto cívico de homenaxe
RTVE retomará as emisións de Radio Exterior en onda curta
O presidente de RTVE anuncia que se reiniciarán "o antes posible" as emisións que decidiran suprimirse para aforrar e que afectaba milleiros de mariñeiros galegos embarcados en altura que protestaron xunto a outros colectivos pola decisión agora revogada.
"Ve-la Luz visibilizou problemas das vítimas que ninguén quería visibilizar"
ENTREVISTA Gloria Vázquez, presidenta da asociación en defensa de mulleres e nenos superviventes da violencia de xénero, explica os motivos que levan o colectivo ao seu peche despois de cinco anos de loita contra a "desprotección" das maltratadas e dos seus pequenos.
Alén dos golpes: A violencia machista invisible é a máis aceptada
Os estudos máis recentes alertan de que "unha proporción moi importante" da poboación que rexeita as agresións físicas de xénero aceptan, en maior ou menor medida, outras formas de maltrato como o control da parella. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas animan á mobilización neste 25-N para "despatriarcalizar" a sociedade.
De Galicia a Grecia: Unha viaxe polas alternativas á crise
Xavier Belho está a percorrer en moto os países do sur de Europa, gravando o documental Crisis? What Crisis?, que busca coñecer e facer visibles proxectos colectivos de transformación social. Atopámolo en Cáceres e falamos con el.
Varias columnas camiñan xa cara á Santiago para "encher o Obradoiro" o 29N
Catro columnas do sur das Marchas da Dignidade comezaron a andaina a pasada fin de semana e uniranse en Pontevedra para dirixirse xuntas cara á Compostela, ata onde chegarán tamén as columnas de Ferrol e da Coruña, que iniciarán o camiño entre este martes e mércores.
Caso Retablo: Cando a corrupción entra pola sancristía
Un xulgado de Santiago está a piques de rematar a instrución da presunta trama de contratos irregulares para a restauración de bens eclesiásticos que sentará no banco dos acusados a funcionarios, cregos e empresarios. O caso estourou definitivamente coa denuncia da veciñanza de Paraños (Covelo) pola entrega da casa reitoral da parroquia ao presunto líder da rede, un antigo traballador da Consellería de Cultura.
Ve-la Luz pecha as súas portas: "Non nos queren porque imos contra o sistema"
A asociación para a defensa das mulleres e nenos sobreviventes da violencia de xénero abandonará a súa actividade a finais de ano ante "a falta de apoio e desprotección absoluta". O colectivo atende na actualidade 130 persoas, case trinta deles menores de idade.
Milleiros contra a 'lei mordaza' en varias cidades galegas
A Alianza Social Galega maniféstase en varias localidades contra unha lei que pretende "tapar a boca" ao sindicalismo e á cidadanía e criminalizar a protesta contra as politicas do Partido Popular.
O PSdeG exixe máis protección e reinserción laboral para as vítimas da violencia de xénero
Insta a Xunta e o Goberno central a "cumprir a lei vixente" e lembra que para que a lexislación fucione, "o Executivo ten que crer nela e presupostar os fondos necesarios".
"Que non nos rouben os nosos montes"
Centos de persoas maniféstanse en Compostela en contra da privatización dos montes comunais. As comunidades de montes en man común demandan unha fiscalidade propia e a condonación das "falsas débedas" e denuncian a intención da Xunta de "usurpar" da xestión aos veciños.