Os emigrantes claman por unha solución de vez para as sancións de Facenda
Unha marcha percorre Compostela reclamando que se inclúan modificacións nos cambios lexislativos que se debaten no Congreso para conseguir un "tratamento igualitario" para os pensionistas multados por Facenda, que exixen "desculpas" do Executivo central.