Movementos sociais
'La salud como negocio'
Pablo Vaamonde
A unión galega contra a minería salvaxe reafírmase na loita por riba das "mordazas"
A plataforma Contraminacción, que xunta vinte asociacións, solidarízase cos activistas "ameazados e multados" polas empresas mineiras e advirten á patronal "que nin esta nin ningunha outra tentativa" de amordazalos impedirán que sigan "denunciando as ilegalidades que cometen".
O Valedor censura a Xunta por non informar sobre o Monte Pindo
Admite a trámite unha nova queixa da asociación en defensa do espazo natural por non responder as súas preguntas sobre a xestión do Olimpo Celta e advirte que incluirá críticas ao Goberno por non facilitar datos sobre o alcance do incendio do verán de 2013.
Política e cultura de altos voos
Xosé Carlos Morell
Arzúa prepara unha nova edición da máis grande feira ecolóxica
O evento, que se celebrará os días 15 e 16 de novembro, acollerá 65 propostas de produción ecolóxica, terapias alternativas e artesanía sustentable
"Do 'Ghalegho' ao 'Eu digo...'", dende Ribadeo
Alumnas e alumnos do IES Dionisio Gamallo realizaron un vídeo de resposta ao Ghalegho, no que había unha mención á vila mariñá. Defenden, ao igual que no realizado en Rianxo, as variantes dialectais do galego e, en concreto, as variantes propias da zona de Ribadeo.
O PP modifica a lei e pon un novo atranco nas intencións mineiras en Corcoesto
Os populares emendan e modifican a Lei de Minería para que a denegación da autorización de explotación implique que se cancelen tamén os dereitos mineiros, o que suporía "o desexable final para o cuestionado proxecto". AGE ve no cambio "unha nov vitoria da loita social".
"Como pode España estar na UE sen cumprir a lei coa querela contra o franquismo?"
ENTREVISTA Inés García Holgado, promotora da querela arxentina contra a ditadura fascista xunto ao galego Darío Rivas, visita Galicia e volve criticar o Goberno español por non colaborar coa xustiza. "O que pasa aquí é algo incrible; debería haber presión internacional", di.
O "risco" no que a Xunta de Feijóo coloca a sanidade pública galega
SOS Sanidade Pública presenta un informe no que detalla as consecuencias das "medidas de recorte e privatización impostas polo PP no sistema sanitario público desde 2009" e anuncia unha gran mobilización cidadá para o vindeiro mes de decembro. Vexa o vídeo no interior.
"Carecemos de estudos sobre as causas reais da violencia sobre a muller"
ENTREVISTA Teresa Peramato, Fiscal adscrita á Fiscal da Sala contra a Violencia da Muller, ofrece unha conferencia este mércores en Compostela, e onte fíxoo en Ourense. Vén de publicar o libro Desigualdad por razón de identidad sexual e identidad de género, homofobia e transfobia
O Valedor dá outro pau á mina de Corcoesto ao reafirmar a invalidez da autorización ambiental
O Alto Comisionado insiste nun informe que o visto e prace outorgado pola Xunta, e que segue vixente, é papel mollado e lembra que "se Edgewater pretende retomar o proxecto, a única posibilidade que ten é presentar unha nova solicitude".