Movementos sociais
"Mobilizarse polo galego é máis necesario ca nunca"
A Xunta celebra este mércores no Parlamento o décimo aniversario dun Plan Xeral de Normalización do que case nada se cumpre e coas estatísticas do IGE e os Orzamentos teimando na precaria situación da lingua. Queremos Galego chama á mobilización polo idioma.
15/15\15, unha revista para unha revolución
Vén de lanzarse un número 0 e unha campaña de financiamento colectivo para esta publicación (online e impresa) centrada nas iniciativas de decrecemento e preocupadas polo esgotamento dos recursos materiais e enerxéticos
Geometria do comunal
Carlos C. Varela
Edgewater ameaza Corcoesto e advirte do apoio dunha empresa para retomar a mina
A empresa anuncia negociacións cunha empresa española que avalaría o proxecto e lle permitiría cumprir os requisitos para unha explotación mineira que foi denegada pola Xunta, á que presiona situándoa nas negociacións con ese investidor e da que espera o visto e prace.
O impacto ao patrimonio, ignorado pola Xunta, forza a paralización das obras en Sarria
O auto do Xulgado de Sarria sinala que a Ponte Ribeira, de indubidable valor histórico e artístico, forma parte do BIC Camiño Francés. A Plataforma Sarriana lembra que a Xunta, "á que corresponde a protección do patrimonio cultural de Galicia", ignorou a súa defensa durante meses.
Doentes de cancro alzan a voz contra o "castigo" dos recortes
Tres colectivos galegos de pacientes oncolóxicos únense co gallo do Día contra o Cancro de Mama para chamar a atención das autoridades sobre as restricións asistenciais e farmacolóxicas que sofren nos seus tratamentos.
Queremos dimisións ou ceses xa
Xosé Coello
"Que foi das 500 vivendas da Xunta para os desafiuzados?"
Stop Desafiuzamentos manifestouse esta mañá ante varias sedes do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Galicia no primeiro acto coordinado dos diferentes colectivos para denunciar a negativa da Xunta a desbloquear as vivendas anunciadas por Feijóo para persoas desaloxadas.
Galicia recibe o Movimento Sem Terra para debater a situación do mundo rural
Mondoñedo acollerá, do 24 ao 26 de outubro, o X Encontro Europeo de Comités de Apoio ao MST. Previamente, este venres en Pontevedra e a semana que vén en Ribadeo, Rosa do Carmo (coordenadora da Secretaria Estadual do MST en Salvador) ofrecerá dúas charlas.
O CNI veta cinco traballadores de Navantia Ferrol por "deslealdade"
O Centro Nacional de Intelixencia rexeita a súa "habilitación", imprescindible para traballar na parte militar do estaleiro, baseándose nun artigo na norma da Autoridade Nacional de Seguridade Delegada. Falamos con Xaquín García Sinde, un dos afectados.
A asociación Monte Pindo, catro anos descubrindo e protexendo os valores do Olimpo Celta
O colectivo que loita pola declaración da zona como Parque Natural celebra o seu cuarto aniversario orgulloso do traballo pero crítico co desleixo da Xunta nun espazo no que membros e colaboradores da entidade descubriron máis do 65% % de todo o patrimonio arqueolóxico que se coñece.