'Alerta Feminista' ante o inminente recorte do dereito ao aborto
Gallardón afirmou este luns que levará ao Consello de Ministros o seu proxecto de reforma "este verán". O PP segue xogando cos tempos, pero a data escollida podería ser este venres, para aproveitar a desmobilización social estival e evitar que Rajoy teña que explicar publicamente a medida.