Movementos sociais
O Foro da Familia presiona a Rajoy para que recorra a lei LGTB galega
Escríbelle ao presidente pedíndolle que leve ao Constitucional a pioneira norma aprobada polo Parlamento e que cren que "impón un pensamento único" e supón "unha ameaza para os dereitos dos pais de educar os fillos en liberdade".
Pedraz pide axuda á UE para lograr que declaren os presuntos asasinos de Couso
Denuncia a impunidade do caso do camarógrafo galego e intenta evitar o bloqueo dos Estados Unidos implicando na investigación a Genocide Network, unha rede de cooperación europea sobre xenocidio e crimes de guerra e contra a humanidade.
Traballadores e vítimas reclaman responsabilidades políticas un ano despois da traxedia do Alvia
Familiares dalgúns dos 79 falecidos e falecidas concentráronse este xoves na praza do Obradoiro para esixir a "verdade" sobre o accidente e que se depuren as responsabilidades, unha demanda expresada tamén pola Plataforma de Bomberos Públicos de Galicia e por AGE e BNG
Os lumes que seguen a depender da climatoloxía
A Alianza Rural Galega volve denunciar a "ineficacia e desleixo cómplice" da Xunta de cara á nova campaña de incendios. "Todo queda ao abeiro do tempo, o único factor sobre o que non se pode intervir directamente", advirte.
O Concello de Lugo impón servizos mínimos do 100% na folga de recollida de lixo
Os traballadores de Urbaser, en frontal desacordo cuns mínimos considerados "abusivos", irromperon no pleno municipal, onde o alcalde López Orozco lles recriminou non ter aceptado a "oferta digna" presentada hai uns días pola empresa
Farjas, Moliner e Ausbanc
Pablo Vaamonde
A Marea Atlántica colle forza na Coruña coa vista posta nas eleccións municipais
O movemento, que suma xa preto de 1.000 firmas e foi apoiado por máis de 300 persoas na súa presentación, abre ata outono un "proceso de participación" co obxectivo de sumar apoio popular e 2.500 sinaturas que "avalen" a súa intención de crear nunha candidatura cidadá.
A bandeira palestina que molestou un concelleiro do PP
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
A Xunta recoñece que 18.000 fogares con nenos sofren pobreza severa en Galicia
O 7,5% das familias con menores de 18 anos no país atópanse en situación de carencia material grave, segundo un informe presentado polo Goberno, unha situación que afecta sobre todo ao sur da comunidade e ás cidades e as súas áreas metropolitanas.
Condenan a GN-Fenosa por extralimitarse na corta de maleza en Paderne e Coirós
A Audiencia Provincial de A Coruña vén de darlles a razón a un grupo de veciños, que denunciaran que en 2010 operarios contratados pola empresa levaran a cabo nos seus terreos unha “corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada".
Ningún neno pasa fame en Ferrol?
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia pide a dimisión da concelleira de Benestar Social da cidade departamental, Rosa Martínez Beceiro, despois de que afirmase nunha entrevista que "en Ferrol ningún neno pasa fame".