A bandeira palestina que molestou un concelleiro do PP
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
O 7,5% das familias con menores de 18 anos no país atópanse en situación de carencia material grave, segundo un informe presentado polo Goberno, unha situación que afecta sobre todo ao sur da comunidade e ás cidades e as súas áreas metropolitanas.
A Audiencia Provincial de A Coruña vén de darlles a razón a un grupo de veciños, que denunciaran que en 2010 operarios contratados pola empresa levaran a cabo nos seus terreos unha “corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada".
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia pide a dimisión da concelleira de Benestar Social da cidade departamental, Rosa Martínez Beceiro, despois de que afirmase nunha entrevista que "en Ferrol ningún neno pasa fame".
Gallardón afirmou este luns que levará ao Consello de Ministros o seu proxecto de reforma "este verán". O PP segue xogando cos tempos, pero a data escollida podería ser este venres, para aproveitar a desmobilización social estival e evitar que Rajoy teña que explicar publicamente a medida.
O Ateneo Ferrolán conmemorará en decembro o centenario do seu nacemento cun Congreso e actos de homenaxe. Nena prodixio, líder esquerdista, activista do feminismo e da educación e a liberación sexual, foi asasinada pola súa nai con 19 anos de idade.
Montse Dopico entrevista o profesor profesor José Mª Durán Medraño, gañador do premio Ramón Piñeiro 2013 con Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx
O pasado martes 15 de xullo o Concello de Vigo deu marcha atrás na súa decisión de permitir o acceso de cans polas noites á cala de Toralla. Os e as propietarias de animais anuncian novas mobilizacións, despois da exitosa concentración celebrada o pasado domingo en Bouza
A Iniciativa Galega pola Memoria realizará este domingo na illa unha Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo. Colectivos como A Regaduxa denuncian "a decisión" da Xunta de "ocultar" a historia deste lugar como espazo da represión franquista
A Alameda de Compostela acolle por terceiro ano consecutivo un acto de homenaxe a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías. Unha Mullerenaxe, de mulleres a mulleres, a dúas persoas que sufriron a represión da ditadura franquista e tamén o esquecemento
As tres universidades sinalan que o Goberno galego non respondeu a súa proposta de colaboración para avaliar cientificamente os resultados da aplicación do Decreto de Plurilingüismo e alertan da "escasísima presenza do galego como lingua vehicular" no ámbito urbano