Movementos sociais
"Hoxe somos nós, pero mañá pode tocarche a ti"
Colectivos sociais da Coruña convocan unha manifestación este sábado co lema "Reprímennos a nos para asustarte a ti" para denunciar a "criminalización da protesta". Subliñan o acoso policial contra o 15M de Montealto ou que Stop Desafiuzamentos ten nove persoas encausadas e máis de 7000 euros en multas
O Concello da Coruña, á desesperada, adía a feira taurina até outubro
Despois de que quedase deserto o concurso para organizar o espectáculo en agosto, o Goberno municipal vén de anunciar que as touradas poderían celebrarse en outubro, na festividade do Rosario, se hai algunha interesada en facelo, a través dun novo concurso.
Barrios Abertos: a integración como proxecto comunitario
A Asemblea de Cooperación pola Paz leva a cabo nos barrios composteláns de Fontiñas e San Pedro un proxecto que procura a integración da poboación inmigrante a través da súa participación activa no tecido asociativo e da reivindicación dos seus dereitos.
O PP rexeita prohibir a entrada de menores de 16 anos nas touradas
Os populares escúdanse en que o Parlamento xa aprobou en 2011 a restrición de acceso para os e as menores de 12 anos, unha norma que se debe incorporar á Lei de Espectáculos públicos, aínda en proxecto.
A xestión das zonas verdes: un espazo máis para o lucro privado
O colectivo de arquitectos e arquitectas Ergosfera analiza e documenta o crecente beneficio económico obtido por empresas privadas dende que se iniciou o proceso de privatización da xestión dos parques e xardíns na Coruña, un negocio que chega agora ás hortas urbanas.
A deconstrución da xustiza
Xoán Antón Pérez-Lema
Un manifesto chama a política a axustarse "aos límites ecolóxicos do planeta"
Entre os 250 asinantes iniciais hai un bo número de galegos e galegas: Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda, Yolanda Díaz, Xavier Simón, Xan Duro, César Santiso, Xoán Ramón Doldán, Xavier Vázquez Pumariño, Martiño Noriega, Enrique Pérez Lijó ou María Xesús Boo.
"A dualidade atraso-progreso non lles deixa sitio ós suxeitos na construción da súa propia historia"
A investigadora Alba Díaz Geada, na actualidade nunha estadía en Lyon, presentou o pasado ano a súa tese de doutoramento na USC: Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982). Falamos con ela.
40 anos loitando polo dereito ao aborto
A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega presentou esta semana un dossier documental que recolle a historia do movemento galego en demanda do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos.
Promovendo o voluntariado dende unha furgoneta
Mariana Romero, documentalista ourensá, acompañada do seu compañeiro Juan Cortes e da súa cadela Ira, iniciaron esta semana unha viaxe por Europa, de duración indefinida, coa que buscan promover o volutariado e difundir o labor de distintas ONG's
Unha estratexia para desmantelar o ferrocarril público en Galicia?
O Monte é noso. Sachando no procomún