Movementos sociais
MOV3 presenta o primeiro directorio de moda sostible de Galicia
A presentación terá lugar este venres en Pontevedra e é froito de seis meses de xuntanzas e obradoiros que buscaron promover con produtoras e tendas a confección de roupa con criterios de responsabilidade. Falamos con Nanda Couñago (Amarante Setem), unha das promotoras da iniciativa.
Nostián, mellor que Sogama pero lonxe de ser un modelo aceptable
Este mércores preséntase na Coruña o manifesto Nostián Solución, apoiado por entidades ecoloxistas e sindicatos, e que pide cambios na planta para incementar a porcentaxe de materiais recuperados e reciclados. Esixe que se adopte un sistema de compostaxe e mellorar a separación en orixe.
Novas deficiencias nos servizos de extinción: Brigadas helitransportadas sen helicópteros
A CIG denuncia que as brigadas helitransportadas da Xunta (O Campiño, Marroxo e Vilamaior) están sen helicóptero dende o 15 de maio. O sindicato culpa da situación á privatización do servizo e alerta de que moitas das prazas dos equipos de loita contra o lume seguen sun cubrirse.
Galicia acumula tres décadas con máis mortes que nacementos
En 2013 morreron en Galicia 10.701 persoas máis das que naceron, o peor saldo vexetativo do Estado. A Xunta aposta por atallar a situación co seu Plan de Dinamización Demográfica mentres mantén que o paro ou a falta de cartos non inflúen na decisión de ter descendencia.
Un informe técnico avala que o falanxista Ramón Ferreiro manteña a súa avenida en Lugo
O secretario municipal considera, ao igual que fixo coa proposta para que Manuel Fraga conte cunha rúa na cidade, que a denominación da vía non está afectada pola lei de memoria histórica. Ferreiro foi Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento da provincia.
Vigo-A Guarda: O carril-bici que non é tal
Esta fin de semana oito ciclistas foron atropelados na estrada PO-325, á altura de Oia, nunha vía que conta cun carril-bici que leva anos sendo criticado pola súa inutilidade e perigosidade.
Lugo manifestarase este xoves contra o baleirado de contido da ILP do HULA
SOS Sanidade Pública reclama unha vez máis a posta en marcha dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no Hospital Lucus Augusti, unha demanda contida na ILP aprobada por unanimidade no Parlamento en marzo, modificada "nos seus contidos e prazos" polo PP.
Atopan cascudas na cociña do Hospital Xeral de Vigo
Persoal das empresas concesionarias dos servizos de limpeza, cociña e mantemento do Sergas denuncian que "os recortes" xa "afectan a pacientes usuarios" pola merma das condicións hixiénicas. Os animais, din, "apareceron "na bandexa dun paciente e na propia cociña".
Morreu Acacio de András
José Luis Sucasas
O Exército négalle a unha familia galega documentos incautados polos franquistas en 1936
Raúl Solleiro reclama uns folletos escritos polo seu avó, o pensador anarquista Ricardo Mella. O Goberno declarou en 2010 ilegal a causa franquista na que foron requisados os documentos, pero un tribunal militar alega que son "patrimonio documental". A nai de Solleiro foi unha das líderes feministas galegas durante a II República.
"A crise amosa o que levamos anos denunciando: este sistema só xera pobreza"
Lucía López Bayo, nova presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, explica os plans de futuro da ONG galega.