O 22M rodea este sábado o Parlamento co apoio de AGE e BNG
Ao apoio decidido de Alternativa ás Marchas da Dignidade únese agora o Bloque, que di compartir as demandas dos colectivos que chaman a arrodear a Cámara reclamando "pan, traballo e teito".
Ao apoio decidido de Alternativa ás Marchas da Dignidade únese agora o Bloque, que di compartir as demandas dos colectivos que chaman a arrodear a Cámara reclamando "pan, traballo e teito".
Este martes abriuse o prazo para pedir no concello esta axuda, o que provocou longas fileiras que revelan o incremento das persoas en situación de pobreza na cidade. A ODS Coia criticou a escasa dotación orzamentaria da iniciativa e o seu procedemento de tramitación.
O Foro Galego de Inmigración presenta o documento final da súa campaña contra a discrminación das persoas migrantes e envía o texto ao presidente do Goberno para que "mellore as políticas dirixidas cara a este colectivo".
O Concello de Ferrol anunciou este mércores que decidiu multar a Serunion, empresa que dá servizo a oito colexios da cidade, por usar aceite de xirasol e non de oliva, incumprindo así o seu contrato. Nos últimos meses son moi numerosas as denuncias recibidas polos alimentos servidos e polo seu excesivo custe.
Ethel Vázquez tomou posesión este mércores como nova conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en substitución de Hernández, cuxo traballo na protección da natureza foi moi criticado polas forzas da oposición e a entidades ecoloxistas. Falamos con Fins Eirexas, de ADEGA.
Massamba Djitté, senegalés residente na Coruña, foi un dos mozos aos que dous locais nocturnos lle prohibiron a entrada nunha iniciativa de SOS Racismo que demostrou a discriminación racista que sofren estranxeiros nalgúns bares e pubs durante as noites de festa.
Só Compostela e Ourense teñen algún colexio no que o galego é maioritario, segundo un estudo d'A Mesa. Marcos Maceira censura o "desprezo" da Xunta pola lingua propia e alerta de que o proceso de "eliminación do galego do sistema educativo" está a ser "acelerado".
As nais e pais do alumnado do CEIP de Manzaneda protestarán este mércores contra o peche da cociña do seu comedor e a súa substitución por unha empresa de cátering. "Vivimos no rural porque apostamos por un estilo de vida saudable. Non queremos catering", di a presidenta da Anpa.
Este martes celebrará unha asemblea aberta e unha nova manifestación en defensa da xestión vecinal do centro cívico. Acusan a Caballero de "empregar recursos públicos para beneficiar aos seus apoiantes ou para retirarllelos a aqueles que non aplauden con enstusiasmo as súas ocorrencias".