Movementos sociais
Celebra o San Xoán, pero non maltrates o medio ambiente
Este vindeiro luns celébrase a noite do lume novo, na que milleiros de cacharelas iluminarán o ceo e na que todo o aire ulirá a madeira, a fume e a sardiñas. ADEGA ofrece unha serie de recomendacións para que a celebración non prexudique a contorna.
O berro de "pan, traballo e teito" rodeou o Parlamento
Máis de dúas mil persoas participaron na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade, que denunciou o control das cámaras lexislativas "polo poder financeiro e o bipartidismo de PP e PSOE". Galería de imaxes e audio no interior.
Un extraballador da Torre de Hércules persóase como afectado pola trama da 'Pokemon'
Entende que o seu despedimento e o dos seus doce compañeiros e compañeiras puido estar relacionado coa concesión a dedo dun gran número de postos de traballo nos ámbitos públicos xestionados en réxime de concesión por empresas pertencentes ao Grupo Vendex.
O obxectivo: Evitar que ENCE permaneza en Lourizán até o 2078
A Plataforma 2018, composta por 32 colectivos, convoca unha nova marcha contra as celulosas en Pontevedra. Será este sábado a partir das 19.30 horas. Tamén este sábado as Marchas da Dignidade chaman a Rodear o Parlamento reclamando "pan, traballo e teito".
Proto-ridiculistas
Dani Carballada
Veciñanza de Cabanas denuncia o PXOM por "beneficiar" os grandes promotores
Sinalan que o elevado número de alegacións ao proxecto (unhas 800) revelan o malestar xerado pola proposta e subliñan que no documento se priman os terreos da Sareb e da familia do exministro franquista Suanzes, "cualificación de edificación aberta ou intensiva"
"A monarquía é a grande metáfora da desigualdade. Por iso hoxe A Coruña dille non"
Máis de tres mil persoas participaron este xoves na cidade herculina nunha mobilización unitaria pola República, "unha marcha exemplar, cívica, pacífica, na que o que nos convoca é a unidade", segundo os seus organizadores. Manuel Rivas o manifesto final.
A USC non atopa motivo de sanción na denuncia dunha traballadora por "acoso laboral"
Unha traballadora da Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica (RIAIDT) acusara o responsable da unidade de "acoso laboral", o que motivou a apertura dun expediente, cuxa resolución se vén de coñecer, finalizando sen sanción.
O 21 de xuño rodeamos o Parlamento
Noel Dopazo Vázquez
O PP queda só no seu rexeitamento á integración das ensinanzas artísticas na universidade
Profesorado, alumnado e pais e nais denunciaron este xoves no Parlamento, co apoio de PSdeG-PSOE, AGE e BNG, a negativa da Xunta a facilitar o proceso de adscrición e integración das ensinanzas artísticas no sistema universitario galego.
O 'acoso' telefónico das grandes compañías tamén se paga
A Axencia Española de Protección de Datos multa con 130 mil euros a E-On por ofrecerlle un contrato fraudulento a unha muller de Vigo, empregando ademais de forma abusiva a información contida nos ficheiros de datos persoais